Que é UBUNTU?

UBUNTU é un sistema operativo do tipo GNU/Linux , é ademais libre pois pódese distribuír e modificar libremente polos usuarios.
O aspecto e bastante similar a Windows e o tratarse dun sistema destinado o usuario final tamén é bastante sinxelo.


Na actualidade distribúese a versión 10.04, e cada 6 meses actualízase a unha nova versión co que se garante as melloras e as actualizacións.
No proxecto Abalar que leva a Xunta de Galicia a versión de Ubuntu é tamén a 10.04 adaptada para netbook.
Os sistemas GNU/Linux teñen como piar de funcionamento os usuarios do sistema sempre que ocorre algo no sistema hai algún usuario deste que é o que carga coa responsabilidade. Temos que ter claro que sempre que accedemos a un entorno GNU/Linux somos un usuario con uns privilexios e unhas limitacións, e si queremos facer algo que non nos corresponde o mínimo que pode suceder é que nos pida unha contrasinal.
Outra características destes sistemas é a gran cantidade de aplicacións libres dispoñibles, sendo a súa instalación moi sinxela empregando un sistema de instalación baseado en paquetes, os cales encóntranse aloxados en servidores. Un dos mellores programas que permite a instalacións dos programas é synaptic en modo de fiestras e aptitude en modo consola.
O modo fiestra é coñecido por todos xa que e igual que en Windows, pero en Linux conservase un modo textual para manexar o sistema o que en moitas ocasións da un maior dominio a os administradores e en outras ocasións pode dar solución a pequenos problemas o usuario final.
A primeira vez con Ubuntu
A primeira vez que entramos en un ordenador con Ubuntu e moi probable que teña arranque dual, e dicir o acender o aparello podas elixir entre Windows e Ubuntu. No noso cpi para poder seleccionar o sistema de arranque tes que premer a tecla esc cando o ordenador empeza a andar e logo elixes a primeira opción do menú (nesta pantalla no funciona o rato).
Unha vez o ordenador arranca poden sucede dúas cousas:
Que entres nun entorno de fiestras similar a Windows, ¡parabéns xa estas en Ubuntu un mundo libre!. Neste caso o sistema está configurado para entrar directamente cun usuario predeterminado (no noso CPI usuario01).

Sempre que entremos en Ubuntu ou nun GnuLinux temos que ter unha conta de usuario, pero ademais existe un usuario especial que ten o control completo do sistema, é o root , o superusuario dos sistemas Linux/ Unix .
Xa estamos no sistema


¿Onde está o inicio?. Mira arriba a túa esquerda alí temos o menú coas aplicacións as nosas carpetas (lugares), o sistema. O primeiro é o primeriro imos ver que ten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario