Actividades con Ardora

Como elaborar actividades en Ardora. Biblioteca Ardora.

ARDORA

Ardora é unha aplicación informática que lles permite a todas e todos os docentes crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo. Con Ardora pódense crear máis de dazaseis tipos distintos de actividades: encrucillados, sopas de letras, textos para completar, paneis gráficos, reloxos, etc. O profesor ou profesora só ten que centrar o seu esforzo nos elementos da actividade, non no seu tratamento informático.

Na sección axuda, atopamos tutoriais para coñecer o seu funcionamento. Tamén temos unha descrición das posibles actividades.

Exemplo dun material creado para este curso.

Exemplo: O Rato Paco. (Fonte CEIP de Palmeira).

Exemplo (Fonte CEIP de Frións).

Actividades de Matemáticas con Ardora. (Fonte IES Otero Pedrayo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario